O
alumnado de 6º de Primaria realizou onte unha visita ao IES Marqués
de Sargadelos, onde gozaron dunha xornada de convivencia co alumnado
de 1º da ESO e cos compañeiros e compañeiras de 6º do CEIP de
Cervo.
Á
súa chegada, foron recibidos polo director e o orientador do centro,
e logo da benvida e da visita ás instalacións do instituto,
realizaron varios xogos organizados polo alumnado do IES.
Por
último, e para pechar a visita, dirixíronse á cafetería do centro
onde degustaron uns saborosos petiscos.
Pasárono
xenial!
No hay comentarios:
Publicar un comentario