martes, 18 de octubre de 2016

¡¡¡ Arrancamos nuevo curso!!!! Samaín en el horizonte...

Hola a todos.

Bienvenidos un año más. Empezamos el curso 2016-2017 u esperamos que sea un gran año para todos.
Pronto comienza la Fiesta de Samaín. Vuelven las calabazas, monstruos y demás. Este año hay novedades. Os dejo a continuación la nota enviada a las familias donde se detallan las actividades.
Un saludo:



Estimadas familias;

Un ano máis celebraremos no colexio a festividade de Samaín o venres 28 de outubro. A parte das actividades previstas nas aulas na vindeira semana (decoración de portas, tallado de cabazas na aula, etc), temos previsto realizar as seguintes actividades que requiren da vosa colaboración:

  •   CONCURSO DE HISTORIAS TERRORÍFICAS: Poderán traer da casa una historia de medo feita polos nenos e en colaboración coas familias. O formato é libre (relato, poema, cómic…). Seleccionaremos as mellores historias de cada aula, estas terán un pequeno agasallo, e os nenos as lerán polo resto das aulas. Rogamos as entreguen aos titores antes do mércores 26 de outubro para poder organizar os turnos de lectura. Faremos tamén o noso propio libro con todas estas historias, quedará na biblioteca do colexio e se publicará no blogue de complementarias do centro.

  •  EXPOSICIÓN DE CABAZAS na sala de psicomoticidade: Como en anos anteriores, a partires do luns 24, poderán traer as cabazas que previamente decorástedes na casa. A temática é libre. Despois do recreo os nenos visitarán a sala que estará tamén terroríficamente decorada. As familias estades invitadas a visitar a exposición, despois dos nenos, as 14:20. Rogamos que levedes as cabazas a casa ás 14:30.

  •  DISFRACES DE SAMAÍN: Este día os nenos poderán vir disfrazados ao colexio, si é posible coa temática propia da festividade: bruxas, pantasmas, esqueletes, monstruos, vampiros, etc.

Gracias pola vosa colaboración.

O equipo de ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS.

Visita Casa do Mel en Goente. Abril 2024